Redúcense a 14 os casos de coronavirus no centros educativos da comarca

3, Novembro 2020

Os contaxios activos nos centros educativos da comarca do Carballiño continúan a tendencia á baixa, despóis de rexistrarse ata 37 positivos en Covid-19 o pasado dia 23 de Outubro, os datos da última actualización da Consellería de Eduación correspondentes a este martes dia 3 de Novembro reducen a cifra ata o 14 casos.

Sae da lista de centros afectados o Punto de Atención á Infancia -PAI- do concello de Boborás. Na relación de centros e casos que se contabilizan en cada un deles é a seguinte: Sagrado Corazón (4) Calvo Sotelo (3) Vila do Arenteiro (2) IES nº 1 (2) IES Chamoso Lamas (2) e Colexio de Cea (1)