Regresa un clásico do fútbol galego

8, Setembro 2017

Será este domingo dia 10 de Setembro dende as seis da tarde, en partido correspondende á cuarta xornada do campionato nacional de liga de 3ª división, grupo 1º.

Carballiñeses e arousanos volven enfrontarse en competición oficial, tras varios anos nos que ambos non coincidian na mesma categoria, pero antes xa o fixeron tanto en Terceira como en Preferente, e incluso na Segunda División B. Regresa, pois, un clásico entre dous equipos históricos do fútbol galego como son Arenteiro e Arousa.

Os verdes chegan a este partido con boa moral tras a victoria do pasado domingo no campo do Céltiga, mentres que o Arousa -malia o seu irregular inicio- figura en todas as quinielas para estar entre os aspirantes aos postos de privilexio da categoria, un auténtico equipazo adestrado por un ex-futbolísta internacional, Xurxo Otero.