Relevo no Asilo do Carballiño: a Fundación Irmáns Prieto confirma que a Congregación "Siervas de Jesús de la Caridad" substitúe ás "Hemanitas dos Anciáns", que despois de 120 anos deixan O Carballiño

6, Agosto 2020

O Padroado da Fundación Irmáns Prieto confirma que a Congregación das Siervas de Jesús da Caridade faráse cargo da dirección da Residencia de Maiores Irmáns Prieto, coñecida máis popularmente como o "Asilo do Carballiño", en substitución das "Hermanitas de los Ancianos Desamparados", que no pasado mes de xuño comunicaron que deixaban esta responsabilidade como xestoras do xeriátrico, tras unha decisión da casa rectora desta congregación que fai 120 anos chegara a O Carballiño precisamente para facerse cargo desta labor asistencial que realizaron de forma ininterrompida ata a actualidade.

A decisión, que foi xustificada en base a motivos de reorganización interna desta congregación relixiosa, provocou preocupación e incerteza sobre o futuro do Asilo, tanto na sociedade carballiñesa en xeral, como entre os 40 traballadores e traballadoras coas que conta o centro, asi como entre as familias das persoas residentes e os voluntarios que prestan a súa colaboración nesta residencia de maiores.

Pois ben, agora e a falta de coñecerse a data para o relevo, podería durante o mes de Setembro,confírmase que será outra congregación a que se faga cargo da xestión do Asilo, será o "Instituto Siervas De Jesús de la Caridad", que trasladará a O Carballiño un grupo de relixiosas para xestionar o xeriátrico por encargo da Fundación Irmáns Prieto. Trátase dunha congregación dedicada á atención socio-sanitaria, tanto en hospitais, como a domicilio e centros residenciais, como será o caso das funcións que asumirán na dirección do xeriátrico carballiñés, que é con 110 prazas, o de máis capacidade da Comarca.

Culminan asi con éxito as xestións realizadas dende o Padroado Irmáns Prieto polo bispo da diocése de Ourense, Leonardo Lemos.