Renfe deixa a O Carballiño sen Tren-Hotel dende o 1 de Febreiro e ultima modificacións no resto dos trens con Ourense e Santiago

20, Xaneiro 2016

O Tren-Hotel nocturno, o único que comunica de forma directa O Carballiño con Madrid e A Coruña circulará pola estación carballiñesa por derradeira vez o domingo 31 deste mes de Xaneiro. Era o único de longo recorrido que mantiña a estación carballiñesa, despois da entrada en funcionamento anos atrás da nova via de alta velocidade.

A partir do 1 de Febreiro, este tren con orixe en A Coruña circulará via Lugo, mentres que o de Vigo farao por Pontevedra e Santiago de Compostela, e dende aquí en dirección Ourense pola via de alta velocidade, polo que xa non circulará pola estación do Carballiño. Despois continuará a Madrid, via Monforte-León, e tardará máis tempo en chegar a Chamartín, non o fará ata as 10 da mañá, agora chega ás 8 horas.

Ademáis, a partir do dia 1 de Febreiro, Renfe ten previstas modificacións tanto na frecuencia como nos horarios dos trens -son tres- que mantén a dia de hoxe en servizo entre as estacións do Carballiño e Ourense, dos que ún deles continúa ata Santiago de Compostela.

De momento, Renfe non aclara en qué van consistir esas modificacións, de feito dende esta semana mantén bloqueada na súa páxina WEB a información de servizos e horarios na estación do Carballiño, a partir do dia 1 de Febreiro.