Renfe suprime dous dos tres trens que antes do estado de alarma mantiña entre as estacións do Carballiño e Ourense, agora tan só circula o rexional de Santiago

28, Xuño 2020

A "nova normalidade" de Renfe deixou a O Carballiño sen os dous trens que diariamente circulaban entre as estacións do Carballiño e Ourense en ambos sentidos, antes de declararse o estado de alarma.

Desde que se recuperou a mobilidade a empresa ferroviaria non repuxo os dous servizos suprimidos, e ademáis, tamén desapareceron dos horarios que figuran na páxina WEB para os próximos meses.

Os dous trens suprimidos saían do Carballiño a primeira hora da mañá e primeira hora da tarde, mentres que dende Ourense partian para O Carballiño a primeira e última hora da tarde.

Agora, Renfe únicamente mantén o rexional Ourense-Santiago con paradas en Maside, O Carballiño e O Irixo, en dirección Ourense con saída dende a estación carballiñesa ás 18;41 horas e chegada a Ourense ás 19:06 horas, mentres o que circula en dirección Santiago faino dende O Carballiño ás 16 horas e chega á capital galega hora e cuarto despóis, ás 17:15 horas.