Reparto de puntos no Couto entre Ourense e Arenteiro

6, Decembro 2015

O partido estivo marcado polas imprecisións defensivas que propiciaron os catro goles que poideron verse no Estadio do Couto e unha deficiente arbitraxe do colexiado ourensano Renny Mazaira, que se tragou un penalti de libro -tanto él como o auxiliar de banda- sobre Vitti xa co 2-2 no marcador. Deu como legal o primeiro gol do Ourense, precedido dunha falta ao porteiro do Arenteiro. Antes, os locais protestaron a anulación dun gol e reclamaran, xa na primeira parte aínda co empate inicial, outro posible penalti na área do Arenteiro. Foi tamén sorprendente a expulsión do adestrador Jorge Regal, cando o balón estaba en xogo, parou éste para ordenar a expulsión. Un total despropósito.

Polo demáis, Ourense e Arenteiro rivalizaron en erros defensivos que deron lugar aos catro goles. Vitti adiantou ao Arenteiro no minuto 41 tras un fallo do meta local, no minuto 52 outra xogada polémica, un dianteiro do Ourense carga na área pequena sobre o porteiro Israel, ao que desequlibra, o baón queda vivo e aproveitao Bruno para empatar. Apenas unhos minutos despois, no 58 de partido, volveu adiantarse o Arenteiro nunha das mellores xogadas da tarde dos verdes, que propicia o gol en propia meta dun defensor ourensano. Finalmente,  tras outra imprecisión defensiva do Arenteiro no minuto 63 chegou o gol do empate de Adrian Padín, que sería definitivo.

O CD Arenteiro saltou ao campo do Couto con Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Marcos Sotelo, Dafonte, Bardelás, Marc, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. No transcurso do encontro tamén xogaron Marcos Castro, Martín Pérez, Pana e Gele.