Ricardo Perea será o novo candidato do Partido Popular á alcaldia nas municipais de 2019

20, Xuño 2018

Ricardo Perea foi o claro gañador na votación da Xunta Local do Partido Popular no Carballiño celebrada este mércores dia 20 de Xuño, ao conseguir o 64,44% dos votos, polo que será o candidato dos populares á alcaldia do Carballiño nas eleccións municipais de 2019.

Non foi precisa unha segunda volta, que estaba prevista no caso de que ningún dos catro precandidatos obitvesen maioria absoluta na primeira votación.

Dos 45 membros da Xunta Local que participaron na votación, 29 optaron por Javier Perea, 8 por José Andrés Vázquez, 6 por Teresa Cerdeira, 1 por Avelino García e 1 votou en branco.

A proposta de Ricardo Perea como candidato á alcaldia do Carballiño queda agora tan so pendiente da proclamación por parte da Executiva Provincial do Partido Popular.