Rolling Lemons de Valladolid e o coruñeses de Alquimia y Galicia Rollers, os grandes protagonistas do Trofeo Federación Española de freestyle en O Carballiño

21, Abril 2018

Os pucelanos de Rolling Lemos e os coruñeses del Alquimia e Galicia Rollers acaparon os podios do Trofeo Federación Española de Patinaxe na modalidade de freestyle celebrada no pavillón Paco Chao de O Carballiño baixo a organización do club local Aehde O Carballiño.

Na proba de speed, en categoría femenina impúxose Lucía Rodríguez, do Rolling Lemons de Valladolid, mentres a súa compañeira Julia Cortejoso era segunda e a coruñesa do Alquimia, Candela Suárez Terceira. Na modalidade de derrapes foi Lucía Antruejo a gañadora e en speed masculino Óscar Pedrós do Galicia Rollers de A Coruña foi o primeiro.

Na modalidade de salto a primeira posición foi para o pucelano Pablo López, seguido polo seu compañeiro de equipo Miguel Cournane e María Rúa do Alquimia completaba o podio. Tamén se rexistrou triunfo galego en classic mixto, onde Candela Suárez (Alquimia) facíase co triunfo, mentres na mesma discipliña pero para maiores de 16 anos o triunfo íase ata Valencia da man de José Escobar (Uniteam).

No battle feminino Lucía Truejo (Rolling Lemons) se llevó el triunfo absoluto por delante de la madrileña Sara Sánchez (InGravity), mientras que Candela Suárez (Alquimia) se hacía con la victoria en menores de 14 años.

O evento celebrouse ao longo de toda a xornada do sábado no polideportivo de O Carballiño baixo a organización do Club de Patinaxe Aehde O Carballiño e co apoio do concello local. Era a primeira vez que unha cita de patinaxe da rango estatal se celebraba na provincia de Ourense.