Rosa María Dalama elixida como nova e primeira alcaldesa socialista do Irixo, tras prosperar a moción de censura a Susana Iglesias promovida por PSOE e PP. Escóitao aquí.

13, Xaneiro 2025

A concelleira socialista Rosa María Dalama e candidata proposta polos cinco concelleiros (4 do Partido Popular e 1 do PSOE) asinantes da moción de censura á alcaldesa Susana Iglesias, foi proclamada como nova rexedora municipal do concello do Irixo no transcurso do pleno extraordinario celebrado este mediodia no concello do Irixo, ante numeroso público.

O resultado da votación foi: 6 votos a favor da moción de censura (2 do PSOE e 4 do PP) e dous en contra, os das concelleiras de Xuntos, Susana Iglesias e Tamara Civeira. Non asistíu ao pleno o concelleiro Juan Manuel Villanueva.

A celebrada hoxe foi a segunda moción de censura no que vai de mandato municipal neste concello do Irixo, a primeira levárase a cabo en agosto de 2023, apenas 3 meses despóis de celebradas as úlitmas eleccións municipais desde mesmo ano, daquéla tamén con cinco asinantes, dous do PSOE e 3 do grupo de Xuntos polo Irixo, que desbancaran da alcaldía a Manuel Cerdeira, do PP, que comezou o mandato gobernando en minoría, e que tivo que ceder o bastón de mando a Susana Iglesias, de Xuntos.

Agora, case un ano e medio despóis, a alcaldía do Irixxo volve cambiar de titular, e tras esta nova moción de censura Rosa María Dalama, co apoio do Partido Popular, convértese na primeira alcaldesa socialista na historia do concello do Irixo.

Tras celebrarse o pleno, tanto a nova alcaldesa Rosa María Dalama como o portavoz do grupo popular Manuel Cerdeira confirmaron que de momento o acordo foi exclusivamente para a moción de censura e que de momento non hai acordo de cogobernanza, aínda que tampouco o descartan. 

Aquí tes os audios da moción de censura: Rosa Mª Dalama, Susana Iglesias, Maria Dolores Fariñas e Manuel Cerdeira.