Rouban Maquinaria e material do Matadoiro comarcal, por valor de cinco mil euros

21, Abril 2009

A un total de cinco mil euros ascende o valor da maquinaria e diverso material roubado no matadoiro comarcal do Carballiñ, sito nas inmediacións da localidade de Seoane, na estrada de Cea, segundo a denucia presentada ante a garda civil pola representante da empresa que se ocupa da xestión destas instalacións. Ó paerecer, os feitos sucederonse cando persoas descoñecidas romperon a alambrada do cerre exterior, a continuación forzaron o candado e dúas portas da oficina, levandose diversa documentación. Tamén sustraeron mil precintos sanitarios e unha máquina de hidrolavado.