Rouban nesta madrugada de venres nunha parrillada e un estanco do Carballiño, a Policia Local detivo a unha persoa

27, Marzo 2020

Para os roubos non hai cuarentena, e son dous os que se rexistraron en dous establementos do Carballiño durante a madrugada deste venres.

Dunha parte, os ladróns entraron no Estanco sito na Avda. Julio Rodríguez Soto, esquina coa rúa Venezuela, onde conseguiron levarse diversa mercancia, valorada en 1.000 euros.

Tamén lograron acceder ao interior da Parrilada Conde, na rúa Conde Vallellano, onde se apoderaron de diñeiro en efectivo.

A chamada dunha veciña alertou a Policia Local do Carballiño, que procedeu a detención dunha persoa como presunto autor deste roubo.