Rouban por valor de 18.100 euros nunha vivenda do Carballiño

4, Abril 2011

O propietario da vivenda, J.C.G, presentou denuncia ante a Garda Civil, facendo constar que os ladróns entraron no domicilio tras forzar a porta de entrada, durante a mañá do pasado venres dia 1 de abril, apoderandose de 1.500 euros en efectivo, asi como de xoias por valor de 14.000 euros. Tamén se levaron un ordenador portátil, unha cámara de fotos e outra cámara de vídeo, que o denunciante valorou en 2.600 euros. Instrúe dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño.