Ruben Arce conduce ao Arenteiro cara unha importante victoria

15, Abril 2018

Dous goles de Rubén Arce dan 3 puntos de ouro ante un rival directo como é o Laracha CF, ao que ademáis os verdes gañan o coeficiente particular xa que no partido da primeira volta, tamén precisamente cun gol do mesmo Rubén Arce, os verdes gañaran aquel partido.

Espiñedo volveu rexistrar unha gran entrada, con máis de 1000 afeccionados, para presenciar un encontro cualificado coa primeira das varias finais que restan ao Arenteiro neste tramo final da competición na terceira división, para sumar o maior número de puntos posibles ante unha posible devacle dos equipos galegos de segunda B, que motivaría unha cascada de descenso por arrastres na terceira división.

No partido desta tarde ante o equipo coruñés, o Arenteiro xogou un moi serio partido na parte de atrás, mentres que Arce encargouse do resto. Na primeira parte nunha acción persoal conseguíu abrir a lata batendo ao meta visitante cun tiro a media altura e ao primeiro pau.

Tras o descanso, ao pouco de iniciarse a segunda parte, outra vez Arce fabricou o segundo gol para poñer o 2-0 que ao final sería definitivo. O dianteiro verde provoca un penalti que él mesmo se encarga de transformar.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...