A ruta das tapas despide tempada con dedicatoria á gastronomia da emigración carballiñesa

26, Maio 2016

A hostalería carballiñesa clausura este venres, a tempada da “Ruta das Tapas”, ofrecendo pinchos da gastronomía internacional.

Esta iniciativa que aglutina a 29 cafeterías, bares e mesóns, dedícase nesta ocasión á emigración, polo que os locais decidiron render homenaxe á gastronomía daqueles países aos que emigraron os carballiñeses.

Así, na mostra realizada hoxe para presentar este evento exhibíronse tapas de platos tradicionais da gastronomía de Arxentina, Venezuela, Panamá, México, Suiza, Alemania e Portugal, entre outros países.

O acto desenvolveuse na Praza Maior coa asistencia dos hostaleiros, de emigrantes, do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, e do alcalde, Francisco Fumega. Tanto Fumega como Dacal destacaron o éxito da iniciativa e agradeceron aos hostaleiros a súa creatividade e empeño por mellorar a calidade dos produtos que ofrecen, que é esencial para gañar clientes e incrementar os atractivos turísticos da vila.

Asemade, agradeceron a asistencia dos emigrantes, a quen recoñecen un papel fundamental no crecemento do Carballiño. Os pinchos poderanse desgustar nestes 29 locais ao prezo de 1 euro este venres, 28 de maio, a partir das 20,00 h. Será tamén o último día para cubrir os boletos que permitirán entrar nun sorteo de case 1.000 euros, que se celebrará dentro de quince días. A “Ruta das Tapas”, que se celebrou os últimos venres de mes dende finais do pasado ano, voltará a realizarse no outono deste ano.