Sabor agridoce para a afección do Arenteiro ante o Boiro no día do 60 aniversario

28, Abril 2018

Xornada de contrastes para a afección verde, dunha parte feliz pola celebración dos actos conmemorativos do 60 aniversario da fundación de Club Deportivo Arenteiro, unha felicidade que non pudo ser completa porque tivo que conformase cun empate no partido ante o Boiro.

Ë igual que fose sábado e a unha hora bastante cedo, a das catro e media da tarde, nada impedíu que a gran afección do Arenteiro acompañase ao equipo neste partido que foi histórico, xa que por vez primeira na historia do club a Televisión de Galicia retransmitíu en directo e íntegro o partido a través da TVG-2.

Nos prolegómenos, o presidente da Real Federación Galega de Futbol, Rafael Louzán, fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa coincidindo con este 60 aniversario.

Xa no puramente deportivo, o Boiro adiantouse no marcador aos 36 minutos de partido, no primeiro tiro que facía entre os 3 paus, un auténtico golazo dende fora da área, nunha primeira parte na que o Boiro puxo o fútbol e o gol e o Arenteiro as ocasións, dúas moi claras que non culminaron os verdes.

Na segunda parte o Arenteiro, sabedor do que se estaba xogando, saíu a por todas e nos primeiros 25 minutos acorralou ao Boiro na súa área ata que chegou o gol do empate, obra de Brais Vidal.

Cando todo parecía indicar que podía chegar a remontada despóis de facer o máis difícil, o certo é que a partir do gol o xogo do Arenteiro xa non fluíu tan ben, aínda que seguíu creando ocasións ante a portería rival, que non soubo culminar. Mentres, nesta segunda parte o Boiro tan so tivo unha oportunidade clara, pero o cabezazo do brasileño Igor de Souza foise fora.