Salamanca C.F., un dos grandes favoritos para o campionato, o rival deste domingo para o Arenteiro en Espiñedo.

23, Setembro 2021

Espiñedo recibe dende as cinco da tarde deste domingo 26 de Setembro ao Salamanca C.F UDS, un dos equipos chamados a loitar polo campionato desta Segunda RFEF e lograr o ascenso de categoria, éste é o claro obxetivo do equipo charro, que leva seis meses sen perder en partido oficial.

Enfronte, un Arenteiro que chega a esta cuarta xornada de liga facendo bos partidos pero que precisa gañar xa para gañar confianza, aínda que neste caso terá que verse cun oso moi duro de roer, un Salamanca que chega a O Carballiño tras lograr dúas vitorias e un empate nos tres partidos xogados e aínda tendo a cero a súa portería, sen encaixar gol. 

Non hai cámbios en canto a normativa covid sobre aforos nos recintos deportivos ao aire libre, asi que tamén para este partido poderán acceder 1.200 persoas ao Estadio de Espiñedo para presenciar este histórico encontro, xa que é a primeira vez que enfrontaránse Arenteiro e Salamanca, nunca antes o fixeron.