San Amaro lidera para as comarcas do Carballiño-Ribeiro un Programa Integrado de Emprego para 100 persoas, cun orzamento de 250.000 euros. Escóitao aquí.

7, Novembro 2024

A Xunta e o Servizo Público de Emprego Estatal financian con 250.000 euros a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego para 100 persoas da totalidade dos concellos das comarcas do Carballiño-O Ribeiro.

Os itinerarios aos que está orientado este programa de formación serán os turístico, cociña e restauración, verde e sostible. O 50% dos participantes obterán un contrato de traballo en 2025, dispoñen dunha dieta por asistencia ás actividades de 10 euros ao dia, e pasarán a formar parte das bolsas de emprego na na empresas do Carballiño-O Ribeiro.

As persoas participantes deberán cumprir varios requisitos, podes escoitar todos os detalles na entrevista de COPE O Carballiño ao alcalde de San Amaro, Fernando Redondo.