Sanción de 2 partidos ao futbolísta do Arenteiro Victor Gallego

17, Outubro 2013

O Comité de Competición sanciona con dous partidos de suspensión ao centrocampista do Arenteiro tras a súa expulsión no partido do pasado domingo en Xinzo de Limia.

O Comité desestima asi as alegacións presentadas polo Club Deportivo Arenteiro. Victor Gallego perderáse o partido ante o líder Verín deste domingo en Espiñedo, e o correspondente á seguinte xornada en Velle. 

No partido ante o Boado C.F. tamén foi expulsado o adestrador do Arenteiro Miki López, sancionado cun partido de suspensión.