Sanidade confirma un brote familiar con tres positivos, que permanecen en seguimento domiciliario no Carballiño. Todos os contactos próximos deron negativo nas PCR realizadas.

2, Agosto 2020

Dúas persoas veciñas do Carballiño relacionadas cun caso positivo de Covid-19 que foi detectado tras realizarlle unha PCR preventiva, tamén deron resultado positivo, según informaron fontes sanitarias, as tres persoas afectadas encóntranse no seu domicilio no Carballiño e con seguimento sanitario.

Trátase do primeiro caso que se da na Área Sanitaria de Ourense e que se detecta a través dunha PCR realizada  a unha persoa procedente de Santo Domingo, capital da República Dominicana, unha persoa inscrita no novo rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Xunta de Galicia. Tras confirmase este caso positivo, Sanidade realizou un rastreo dos seus contactos máis estreitos, e como consecuencia do mesmo, confirmaronse estes outros dous casos positivos, que son familiares directos e residentes no Carballiño.

O resto dos contactos aos que xa lle foi practicada a PCR deron todos eles resultado negativo, pero deberán gardar unha cuarentena de 14 dias, e con seguimento diario por parte de Sanidade.