Sanidade non rexistra novos contaxios: estabilizados os brotes do Carballiño, Avión e San Cristovo de Cea

7, Setembro 2020

Tras acelerarse a aparicición de novos casos positivos en coronavirus no transcurso dos últimos dias, Sanidade non notifica neste inicio de semana novos casos nos brotes activos do Carballiño, Avión e San Cristovo de Cea.

No Carballiño permanecen activos tres brotes, os dous primeiros que sumaban catro e cinco casos respectivamente quedaronse establizados con esas cifras iniciais, mentres que o terceiro e máis numeroso parece tamén estabilizarse, tras sumar 16 persoas contaxiadas.

Tamén parecen establizarse os dous brotes de Avión, con tres e once casos respectivamente, e o declarado no concello de San Cristovo de Cea, do que forma parte unha traballadora da Residencia de Maiores A Saleta, neste xeriátrico todas as probas practicadas tanto a residentes como ao persoal deron resultado negativo.