Seguida por miles de persoas: a "dos caladiños" volve ser a procesión máis concurrida da Semana Santa da Cofradía da Veracruz

7, Abril 2023

A Semana Santa da Cofradía da Veracruz chegou ao seu punto álxido coa celebración da máis tradicional das procesións caballiñesas, a solemne do Santo Enterro, popularmente chamada tamén no Carballiño como a procesión dos caladiños, polo imponente silencio que ha caracterizou sempre, aínda que nos ultimos tempos solemnizada polos cánticos que ao seu paso se interpretan ou pola música da Real Banda de Gaitas. 

Este ano, ademáis, co acompañamento dunha das bandas máis populares da Semana Santa de Ferrol, a banda "Acotaga", que pechou a procesión e recibíu ao seu paso moitos eloxios entre o númeroso público congregado neste Venres Santo carballiñés. Non foi a única novidade deste ano na procesión central entre as seis programadas pola Cofradía da Veracruz, senón que a deste 2023 servíu tamén para a estrea dun novo paso, o de Santa María Magdalena e San Xoán ao pe da Cruz, que se uníu aos tradicionais do Cristo Xacente e o da Nosa Señora das Dores.

Para este próximo domingo 9 de abril, queda aínda a sexta e última procesión da Semana Santa do Carballiño, a Gloriosa de Resurreción, que saírá á unha da tarde dende o Templo da Veracruz, ata a igrexa parroquial de San Cibrán, e que estará acompañada pola banda da Cofradía das Dores, de Ferrol.