Segundo accidente de tráfico no que vai de semana nas rúas carballiñesas

23, Abril 2009

O accidente aconteceu minutos antes da once da noite deste xoves 23 de abril, no cruce de confluencia de Conde Vallellano coa rúa Aldara, o colisionar unha motocicleta cun automóvil. Malia a aparatosidade do choque, como pode apreciarse na fotografia a moto resultou con grandes desperfectos, o piloto -que facía uso do casco- foi conducido á ambulancia de Urxencias Sanitarias polo seu propio pé, queixandose de dolores nunha man e nunha perna. O conductor do vehículo non precisou asistencia sanitaria, resultou ileso. Ambos son veciños do Carballiño. É o segundo accidente de circulación no que vai de semana no casco urbano do Carballiño. O pasado martes, unha motocicleta e un seat altea colisionaban na vella estrada de Pontevedra, na zona do parque, co resultado dun ferido grave, un veciño de Mesego que evoluciona favorablemente das feridas sufridas no Complexo hospitlario de Ourense.