Seis centros educativos da comarca suman 10 casos de coronavirus

18, Xaneiro 2021

A última actualización de datos no seguimento Covid da Consellería de Educación recolle un total de 10 casos de coronavirus nos centros educativos da comarca carballiñesa, polo se duplican os casos notificados fai unha semana atrás, á volta das vacacións, daquela eran 5 os contaxios rexistrados.

Os centros afectados e e o número de casos son CPR Vila do Arenteiro (3) IES Chamoso Lamas (2) IES nº 1 (2) CEIP Calvo Sotelo (1) CEIP Boborás (1) CPI Terras de Maside (1)