Semana de controis de alcoholemia nas rúas do Carballiño

13, Decembro 2010

A Policia Local do Carballiño levará a cabo unha campaña de controis de alcoholemia que se vai desenvolver durante toda esta semana, e atá o vindeiro domingo dia 19 de decembro. Os controis realizaránse preferentemente dentro do casco urbano, tanto nas rúas do Carballiño como nos principais accesos ó centro  urbano do Carballiño, facendose coincidir esta campaña con estas datas de celebracións de comidas e ceas de empresa, nas que aumenta o consumo de bebidas alcohólicas. Os controis da Policia Carballiñesa forman parte da campaña promovida a nivel estatal pola Dirección Xeral de Tráfico, que prevé a realización de 20.000 controis diarios. Os axentes da Policia Local do Carballiño non só se farán polas noites, senón tamén polas tardes, nos horarios máis próximos ás comidas.