Servizos míninos nas oficinas municipais do Irixo tras rexistrarse un positivo nun traballador do concello

21, Setembro 2020

Un caso positvo en Covid-19 nun traballador municipal confirmado esta pasada fin de semana levou ao alcalde do Irixo a pechar as dependencias do consistorio nesta xornada de lúns 21 de Setembro, e coa finalidade de levar a cabo traballlos de desinfección na casa do concello.

A partir de mañá, retomaráse a atención ao público na oficinas municipais, aínda que de momento será con servizos mínimos, según confirma o alcalde Manuel Cerdeira.