Sete comparsas, as carrozas de Parada e dúas charangas animarán este sábado o carnaval de verán do Carballiño

11, Xullo 2019

Sete comparsas e dúas charangas animarán o desfile do Entroido de Verán, que terá lugar este sábado, 13 de xullo, ás 21,00 h.

A partir das 19,00 h., haberá animación de rúa coas charangas Castro Vello e Doctor Anchoa. No desfile estarán as comparsas Os Liborianos, Os Picapedra de Aspadisi, Os 100TOLOS, Fantasía Mundo Fénix de Partovia, Os Arrieiros de Dacón, Os Azucarados de Maside, a Asociación Cultural do Castro de San Amaro e as carrozas de Parada, así como as charangas Castro Bello e Doctor Anchoa.

O percorrido será o seguinte: Praza da Veracruz, Curros Enríquez, Rotonda da Alameda, Avda. Xullo R. Soto, Centro Galego de Bos Aires, Tomás Mª Mosquera e Praza Maior.

Ás 23,30 h., a orquestra Grupo Limón animará a verbena na Praza Maior.

ENTROIDO INFANTIL

O Entroido de Verán comezará este venres dia 12, ás 10,00 h., cun obradoiro de máscaras na Praza Maior, e a partir das 11,30 h., baile infantil de disfraces con animación do DJ Tibu.

Pola tarde e noite, venres de entroido nos locais de hostalería, con pinchos gratuitos para as persoas disfrazadas, e a partir das 23,00 h., baile de disfraces cunha espectacular disco-móbil e Dj na Praza Maior.

GRUPO TATTOO

Así mesmo, o Grupo Tattoo actuará o domingo, 14 de xullo, a partir das 21,00 h., na Praza Maior.