Socialistas e Xuntos repártense o poder municipal: Maria del Carmen Pérez e Carlos Paz, dous anos cada un, ocuparán a alcaldia de San Amaro

15, Xuño 2019

O novo mandato municipal trae unha situación insólita no concello de San Amaro, xa que inicialmente terá unha alcaldesa e un alcade.

Desta maneira, o PSdeG e Xuntos por San Amaro arrebatan a alcaldía ao popular Fernando Rodríguez Redondo, do Partido Popular, que foi o máis votado nas eleccións do 26-M, pero que se quedou a un concelleiro da maioría absoluta.

O acordo ao que chegaron socialistas e Xuntos, fará que a socialista Maria del Carmen Pérez sexa a alcaldesa nos dous primeiros anos, mentres que o cabeza de lista de Xuntos por San Amaro, Carlos Paz, ocupará a alcaldía nos dous últimos anos de mandato.