A Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro busca relevo para a súa Xunta Directiva. Escoita aquí a entrevista a Alfonso Carballeda.

Tras preto de 40 anos ligado á Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, que xestiona o couto dos ríos Marañao e Arenteiro, e deles 24 como presidente, Alfonso Carballeda e a súa directiva anuncian que non se presentarán a un novo mandato.
Para este sábado dia 21 de febreiro, desde as 20:00 horas na casa da cultura do Carballiñesa están convocados todos os socios a dúas asambleas, a primeira de carácter ordinario na que se aprobarán contas anuais, e unha segunda de carácter extraordinario na que deberá elexirse un novo grupo que se faga cargo da xestión da sociedade.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal a Alfonso Carballeda en COPE O Carballiño: