Solvente victoria dun Arenteiro superior ao Ourense CF no Couto

20, Febreiro 2021

Segunda visita da tempada ao estadio do Couto e segunda victoria do líder Arenteiro ante os equipos capitalinos, desta vez por 0-2 ante o Ourense CF nun partido no que os de Fran Justo fixeron valer os tantos de Alex Fernández e Victor Eimil, afianzando ao Arenteiro como líder da terceira división no grupo 1B. 

Dúas notas negativas no partido, unha o calamitoso estado do terreo do xogo do Couto e a outra a actuación do colexiado que dirixiu o encontro, Jesús López, cun innecesario recital de cartóns, 12 en total, a maioria excesivamente rigurosas nun partido no que case non houbo unha patada.

O Ourense apenas foi capaz de inquietar aos verdes durante os 90 minutos, tan so na primeira parte o exarenteirista Cassio pudo empatar nun remate dentro da área pero Diego García estivo enorme de reflexos desviando un balón que despóis repelería o poste, o gardameta do Arenteiro tamén tivo outra feliz intervención xa no solpor do partido nun gran disparo de Borja Dominguez que enviou a corner con outra gran intervención, foron as únicas ocasións do Ourense nos 95 minutos de xogo.

Aos 7 minutos, Renan Zanelli ao saque dunha falta sobre a portería ourensanista puxo un balon que aproveitou Alex Fernández para adiantar ao Arenteiro. Despois, o Ourense intentouno pero encontrouse unha e outra vez coa solvencia defensiva dos verdes.

Apenas 8 minutos despóis da reanudación, Victor Eimil deixaba o partido practicamente visto para sentencia, cunha xogada cos mesmos protagonistas do primeiro gol do paasado domingo co Alondras, centro dende a esquerda de Naveira e Victor Eimil fusilaba cun tiro raso e cruzado a porteria do equipo local. Pudo o Arenteiro ampliar a ventaxe no marcador e dispuxo de varios ocasións para facelo, e a punto estivo de conseguilo cun soberbio dereitazo Victor Eimil, que repeleu o longueiro da portería do Ourense CF

Con esta victoria, o Arenteiro continúa líder con 36 puntos, a falta de xogar cinco partidos para completar esta primeira fase do campionato, na que o equipo carballiñés camiña con paso firme para poder clasificarse para o grupo no que se desputará o ascenso de categoria.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...