Soporífero partido con reparto de puntos entre Valenzá e Arenteiro

29, Outubro 2011

O Arenteiro volveu ofrecer fora de Espiñedo a súa pior versión nesta liga, igual que 15 dias atrás en Taboadela, os carballiñeses volveron xogar un lamentable partido, desta vez no campo dos Carrís, ante a S.D. Valenzá. A diferencia entre aquél e este partdo foi que de esta vez o Arenteiro contou coa sorte ao seu favor, e tamén porque os locais fallaron varias ocasións de gol, ún par delas  moi claras, unha delas a porteria valeira, e outra como consecuencia dunha falta lanzada sobre a área carballiñesa, atá 3 dianteiros da S.D.Valenzá viron pasar por diante un balón que ningún deles acertou a rematar, indose directamente fora de portería. Ainda no primeiro periodo os da Valenzá enviaron un disparo desde fora da área que foi pegar na cruceta da porteria defendida por Pachi. O Arenteiro non era capaz de entrar no partido e o único que parecía querer ganalo era a S.D. Valenzá.

Xa na reaunudación, chegarían os dous goles do partido. Aos 8 minutos adiantabanse os locais nun balón que cun bote envenenado nin a defensa nin o porteiro carballiñeses lograron atallar e introdúcese no fondo da porteria, apenas unhos minutos despois, cando se xogaba o minuto 15 desta segunda parte empataba o  Arenteiro. Marcos Sotelo facíase cun balón, íase pola banda esquerda para sacar un centro raso que Iglesias rematou tal como viña, logrando unha igualada no marcador que xa non se movería atá o final.

Non mereceu máis este Arenteiro, acaso o punto obtido esta tarde pode considerarse un premio excesivo para o feito no campo dos Carrís, que foi moi pouco, e se gañou un punto foi porque os dianteiros da Valenzá non tiveron a súa tarde. Mentres, os carballiñeses tiveron hoxe unha altísima efectividade, xa que rentabilizaron a única ocasión que tiveron en practicamente todo o partido. Por quedarnos con algo positivo, farémolo co regreso ao equipo de Takón, que xogou o último tramo do partido, asi como de César, recuperado da súa lesión. Tamén é de xustiza salientar o traballo de Luis Vilachá no medio campo.

 A segunda parte xogouse con lúz artificial, cunha iluminación  deficiente. e bastantes afeccionados do Arenteiro na grada, que regresaron ao Carballiño decepcionados con este Arenteiro, malia sumar un punto.