Sorteo Copa Deputación: Arenteiro-Allariz e Maside-Bande, eliminatorias de cuartos de final

18, Febreiro 2016

O vixente campión, o CD Arenteiro mediráse na eliminatoria de cuartos de final ao Allariz, que agora mesmo lidera a 1ª Autonómica. O partido de ida en Espiñedo e a volta no Luis Cid "Carriega".

Pola súa parte, o Maside recibirá primeiro no Outeiro Grande á SD Bande, e a volta no campo do equipo da Baixa Limia.

As outras dúas eliminatorias, tralo sorteo celebrado na delegación da Federación Galega de Fútbol, serán Monterrei-Ourense e Polígono-Cortegada.

Os partidos de ida serán o 24 de Marzo, xoves santo, e os de volta o 17 de Maio, día das Letras Galegas.