SOS O Carballiño pide ao concello medidas para mellorar a seguridade vial . A petición chega tras os 3 atropelos rexistrados esta semana

9, Novembro 2018

A plataforma SOS O Carballiño, despois dos últimos atropelos acontecidos nesta última semana nos pasos de peóns das rúas Evaristo Vahamonde, Compostela e Balnerario (con feridos que necesitaron asistencia médica), e unha vez comprobado por esta plataforma o mal estado no que se atopan os pasos destinados ós peóns nesta vila (falta de alumbrado, mala sinalización vertical, mal estado da sinalización horizontal, falta de badéns reductores de velocidade, etc), ven de dirixir un escrito ao alcalde do Carballiño no que piden:

A corto plazo: Mellora nos pasos existentes tanto de sinalización vertical como horizontal, así como a instalación de dispositivos luminosos horizontais e verticais e badéns reductores de velocidade.

A longo plazo: Realización dun estudo para a detección das zonas máis criticas, coa finalidade de adoptar medidas especiais para mellorar a seguridade na mobilidade a pé da nosa vila, incluíndo a peonalización de rúas e a redución da velocidade no casco urbán a 30 KM/h, creación de carrís bici-ecolóxicos que unan o centro urbano con instalacións “alonxadas” (institutos, pazo dos deportes, piscina, parroquias limítrofes, etc), campañas de concienciación para reducir o uso de vehículos a motor de explosión e substituílos por medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente e máis saudables.

Recordan, finalmente, que algunhas destas medidas antes citadas xa se están a tomar noutros concellos de Galicia.