S.O.S. O Carballiño presenta a súa estructura organizativa "para ser a voz do pobo"

26, Outubro 2018

Os responsables da Plataforma Cidadán "SOS O Carballiño" presentou a súa estructura organizativa na que se crearon cinco áreas de traballo e dúas portavocías.

Na área económica-adminstrativa, abordarán todo o relativo a tributos, procesos selectivos, novas tecnoloxías, emprego, comercio e servizos públicos.

Na área social e veciñal, ocuparánse das relacións veciñais, políticas sociais, saúde e seguridade.

Os asuntos que teñen que ver con abastecemento e saneamento e o benestar animal trataránse na comsión de medio ambiente.

As actividades relacionadas coa cultura, as festas, as deportivas e as que teñan que ver co turismo, abordaránse na área de cultura, deportes e lecer.

E finalmente, na área de territorio e espazos públicos, ocuparánse da mobilidade, o patrimonio, a vivenda, os parques e os xardíns.

Exercerán como portavoces da plataforma Manuel Chan e Manuel Fariñas. Ambos, incidiron no acto de presentación deste organigrama, no carácter aberto da plataforma.

Preséntanse como "a voz do pobo e da veciñanza do Carballiño" e non descartan promover unha candidatura para presentarse ás eleccións muniicpais no concello do Carballiño en 2019 "algo que irá defindo o tempo e as circustancias", subliñaron nunha comparencia ante os medios informativos.