Suben a 11 os casos de coronavirus no Carballiño, a cifra máis alta dende fai un mes. Sen cámbeos no resto dos concellos.

3, Xaneiro 2021

Os datos facilitados por Sanidade neste domingo 3 de Xaneiro sitúan en 11 os contaxios activos de coronavirus no concello do Carballiño, 2 máis que onte, unha cifra que nos fai retroceder ata o dia 1 de Decembro pasado, daquéla tamén con 11 casos activos no municipio carballiñés.

No resto dos concellos non se producen variacións, San Cristovo de Cea continúa con 15 casos activos, Boborás con 2 e Piñor con 1. O resto de municipios están libres de virus, sen contaxios de coronavirus.