Sufrida victoria do Arenteiro ante o Monterrei, 1-0

22, Xaneiro 2012

Tivo que sufrir o Arenteiro ante o Monterrei para sumar os 3 puntos en Espiñedo. Ao final, un gol de Iglesias  resolveu un partido no que o mellor para o equipo carballiñés foi o resultado, unha sufrida victoria que permite ao Arenteiro seguir no pelotón de cabeza da liga na 1ª autonómica. No Arenteiro debutou Kennedy.

O encontro foi na súa primeira parte unha suma de despropósitos para o Arenteiro, que non era capaz de chegar con perigo á area do Monterrei, o equipo visitante controlou durante os primeiros 45 minutos sen ningún problema a un Arenteiro sen recursos, incapaz de xerar xogo no cento do campo, e os únicos intentos en ataque dos locais remataban sempre da mesma maneira, con balóns sobre Igleisas caendo constantemente no fora de xogo.

Pouco cambeo o panorama na reanudación do partido, Dacosta deixou no vestiario a Pana e Marcos Sotelo, dando entrada ao xuvenil Cataña no lateral e a Takón no centro do campo, non obstante o Monterrei seguíu tocando mellor o balón na zona de creación do xogo, ainda que sen chegar con perigo á área carballiñesa.

Aos 59 minutos chegou o mellor do partido, a xogada do gol carballiñés, unha triuangulación que arranca en Kennedy sobre Gele e éste sobre Iglesias, que remata ao fondo da portería do Monterrei. O propio Iglesias protagonizaría outra xogada no minuto 70, pero o gol era anulado por fora de xogo. E xa na última xogada do partido, o árbitro abortaba  outra oportunidade manifesta de gol para o Arenteiro, despois de varios minutos de prolongación, e cando na grada se lle pedía ao árbitro que pitase o final, o porteiro visitante convertese nun atacante máis, pero no contragolpe dos carballiñeses, e cando Iglesias podía encarar a portería vacia do Monterrei, o árbitro impedíu co pitido final o posible gol do dianteiro carballiñés.