A tenista carballiñesa Rebeca Baliña competirá no campionato de España

16, Marzo 2016

A tenista Rebeca Baliña Costa, da Escola Deportiva Municipal de Tenis do Carballiño, competirá esta próxima fin de semana en Cataluña por un título nacional.

Trátase do XVI Trofeo Alberto Costa Sub´13, que se desenvolve en Urgell, en Lleida, do 19 ao 23 de marzo, e está considerado como o Campionato de España sub 13 con carácter oficioso.

De feito, tenistas tan salientables como Rafael Nadal ou Tommy Robredo gañaron este trofeo no seu día.

De aí que para o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, teña un gran significado como deportista abandeirada das escolas deportivas municipais do Carballiño.

Rebeca Baliña é neste intre a segunda mellor xogadora infantil de Galicia e a primeira de Galicia sub 13. E conta con numerosos galardóns como: campiona no torneo infantil III Torneo de Reis RSD Hìpica 2016, campeona do I Torneo Infantil do Open de Tenis D10 2015, subcampiona de alevín femenino do Master Galego Circuito Xuvenil Babolat 2015, Subcampiona en alevín femenino da 4ª Proba Circuito Galego Babolat 2015 e campeona en alevín femenino da I Proba Circuito Galego Babolat 2015.

José Manuel Dacal, que asistiu a unha xornada de entrenamento na escola deportiva municipal para felicitar ao entrenador, Óscar Cuña, e a esta xogadora, considera que é un verdadeiro orgullo contar cunha deportista deste nivel, que leva moi alto o nome do Carballiño por Galicia e por España. E desexoulle o maior dos éxitos nesta competición de tanto prestrixio