A tormenta de auga e saraiba provoca numerosas incidencias no casco urbano: anega baixos e sotos de videndas, inundacións e bolsas de auga e danos na rede de alcantarillado

11, Agosto 2020

A tormenta que descargou na tarde deste martes sobre O Carballiño provocou unha cascada de incidencias que mantiveron activos por varias horas aos bombeiros e efectivos de emerxencias.

A gran cantidade de auga e saraiba caída deixa danos na rede municipal de alcantarillado que resultou desborada en varias rúas do casco urbano do Carballiño, coas tapas levantadas pola forza da auga ao saturarse as tuberías o que, ademáis, fixo que sairan á superficie algunhos resíduos, e mesmo con danos nalgunhas beirarrúas que resultaron co empredrado desprazado, como aconteceu na Avenida do Balneario.

Na rúa Evaristo Vaamonde, baixos e sotos de vivendas sufriron inundacións e o aparcamento do Supermercado Eroski quedou anegado pola gran cantidade de auga acumulada en tan pouco tempo, apenas unha hora. Na Avenida de Comnpostela formaronse grandes bolsas de auga que por momentos a fixeron intransitable para a circulación de vehículos, a altura do cruce de confluencia coa rúa Piñor a tromba de auga tamén anegou sotos e baixos de algunhas vivendas, nesta zona e igual que acontece en Evaristo Vaamonde os veciños veñen reclamando ao concello unha solución para unha problemática que padecen dende fai anos e reprodúcese cada vez que se producen trombas de auga como a deste martes no Carballiño.

No ámbito rural, a saraiba caída provocou danos nos cultivos de horta, ademáis a forza coa que golpeou a pedra danou os acios de uvas nos viñedos na zona da bocarribeira carballiñesa.