Traballadoras do Servizo de Axuda do Fogar protestan polo retraso no pago dos salarios

5, Decembro 2024

Un grupo de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar no concello do Carballiño concentráronse ás 14:30 deste xoves para protestar polo retraso no abono dos seus salarios.

Trátase dun servizo municipal que xestiona GESMEDICAL DIS, empresa á que pertencen as traballadoras que atenden este servizo de Axuda no Fogar, que está financiado pola Xunta e o propio concello do Carballiño.