Traspasar 360.000 euros do capítulo de persoal para axudar ao comercio, hostalaría e autónomos, ésta é a proposta de modificación orzamentaria que defenderá Espazo Común

10, Abril 2020

Ao presentar esta proposta desde ESCO volven reeditar as súas críticas sobre a polémica xerada polo repsrto de máscaras por parte do concello "namentras dende o grupo de goberno se adica a unha utilización totalmente lamentable dos recursos públicos cun reparto de mascarillas a capricho e outras accións só destinadas ao escaparatismo sen fondo algún, dende Espazo Común seguimos a traballar en medidas concretas e reais de apoio á cidadanía".

Inciden unha vez máis no feito de que entre "as máis grandes problemáticas que vai deixar tras de sí esta pandemia do COVID-19 é a difícil situación económica na que vai quedar gran parte do comercio, da hostalaría e, en xeral, dos autonómos". Por iso, anuncian que siguen a traballar en propostas que permitan paliar na medida do posible este complexo futuro que se presenta, tendo en conta que son sectores esencias no Carballiño.

Recordan como en días pasados, presentaaron unha proposta para que sexa debatida no pleno de aprobación definitiva dos orzamentos para o exercicio 2020 unha serie de alegacións que tería como obxetivo permutar 270.000 € das partidas de festexos e outras "que se fan menos necesarias ca nunca ás de apoio á economía local e Servizos Sociais".

Finalmente, dende Espazo Común informan que veñen de rexistrar unha nova iniciativa "para que pola vía da modificación de crédito, xa que só se pode facer despois da aprobación definitiva das contas, se trasvasen outros 360.000 € para liñas de apoio ao pequeno empresariado carballiñés".