Tren do Nadal, Papa Noel, Colchonetas Divertidas, Animación de Rúa e Sorteo de 1.500 euros en vales de compra, no Carballiño Centro Comercial Aberto

11, Decembro 2019

O Centro Comercial Aberto pon en marcha a campaña de Nadal 2019/2020, na que destaca un sorteo de 1.500 euros en vales de compra, percorridos en tren turístico pola vila, colchonetas para os nenos e animación de rúa, e que foi presentado esta mañá pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e a xerente do CCA, Noelia Mares.

Esta campaña ten como lema “Este Nadal no Centro Comercial Aberto do Carballiño para mercar e regalar”.

Como nos últimos anos, as persoas que merquen durante estas datas en calquera dos 87 establecementos asociados ao CCA recibirán tiques para subir ao Tren do Nadal os días 21 e 22 de decembro, en horario de 12 a 14 e de 16,30 a 20,00 h; para que os cativos poidan disfrutar coas Colchonetas Divertidas o día 4 de xaneiro, nas prazas Emilia Pardo Bazán, San Ramón (Curros Enríquez) e Plaza de Abastos; e para estar con Papá Noel o día 23 de decembro en horario de 17,00 a 21,00 h., e o día 24 en horario de 17,00 a 19,00 h.

Ademais, o 21 de decembro entregaranse os diplomas do concurso de escaparates para os asociados, e os días 21, 22 e 23 de decembro tamén haberá animación de rúa con coreografías da Escola da Danzas e actividades programadas polo concello como MIKI&MINI, globoflexia, etc…
Silvia Baranda amosou o seu apoio ao comecio local animando a mercar no pobo, e resaltou o gran número de actividades de animación que están programadas para este Nadal tanto polo CCA como por parte do concello.

Noelia Mares dixo que esta campaña de Nadal do CCA intenta favorecer aos tres pilares nos que se sustenta o comercio local, e que son os propios comerciantes e a clientela, e os cativos. Engadiu que para o comercio do Carballiño o tempo de Nadal é sempre un dos máis importantes, e que eso desenvolven un programa de actividades extraordinario, e que esperan que teña tanto éxito como os dos últimos anos.

Con respecto ao sorteo de 1.5000 en euros en vales de compra, dixo que habería dous primeiros premios: un primero premio de 300 euros, coincidente co número do primeiro premio da Lotería de Reis; un segundo premio de 200 euros, coincidente co número do segundo premio da Lotería de Reis, e dezaoito premios de 50 euros, coincidentes coas catro últimas cifras do primeiro e segundo premio da Lotería de Reis.
Finalmente, animou a mercar no Carballiño e agradeceu á xente a confianza no comercio local.