Tres mulleres feridas, unha delas grave, tras unha explosión de gas nunha vivenda da rúa Eusebio Lorenzo

19, Xullo 2012

O sinistro ocorreu ás 8,20 da mañá no 2º-B do nº 20 da rúa Eusebio Lorenzo do Carballiño. A esa hora un forte estrondo provocou a alarma veciñal, logo puderon verse os enormes destrozos causados pola explosión e as graves consecuencias.

Os primeiros momentos foron de auténtico pánico entre a veciñanza, aínda máis ao saberse que había varias persoas feridas. Unha delas, a máis grave, unha muller que se atopaba dentro da vivenda na que se rexistrou a explosión, foi trasladada en helipcótero ao centro hospitalario POVISA de Vigo. Tratase de Natalia Pérez Fernández, de 49 anos de idade, atópase ingresada na UCI da Unidade de Queimados do centro hospitalario vigués, onde se lle diagnosticaron queimaduras de segundo e terceiro grao que afectan ao cincuenta por cento do seu corpo.

Foron evacuadas outras dúas persoas tamén feridas, aínda que de carácter leve en ambos casos, unha delas foi atendida no PAC do Carballiño ao sufrir unha crise nerviosa.

O estrondo provocou a caída de destrozos á rúa, causando danos a un vehículo que estaba estacionado nesta rúa carballiñesa. A onda expansiva destruíu os tabiques interiores da vivenda na que se producíu a explosión, asi como a súa fachada exterior, e tamén provocou graves danos nunha vivenda colindante e outra do edficio de enfrente.

Según as primeiras estimacións os danos materiais son importantes, aínda que inicialmente pensouse que podería afectar á estructura do edificio e incluso chegou a falarse de perigo de derrubamento, finalmente descartase que existan danos estructurais que poñan en perigo a seguridade do edificio, tal como confirmaron os técnicos municipais.

A Policia Xudicial investiga as causas da explosión. A bombona de butano desta vivenda ubicabase no balcón,  a fuga de gas que orixinou a explosión produciuse no interior do inmoble.

Nos traballos de evacuación das persoas feridas e atención ao resto dos veciños afectados participaron efectivos de Emerxencias O Carballiño, Protección Civil,  Policia Local, Urxencias Médicas e o Helipcótero Medicalizado do 112.