Triunfo do Arenteiro ante un bo Ribadumia, 3-1.

1, Novembro 2017

Tarde de mércores e de festividade de todos os santos, e de fútbol en Espiñedo, con outra magnífica entrada no graderío e victoria dos verdes ante o Ribadumia con goles de Pana, Dani Chimpin e Igor Sevivas.

Un triunfo de moito mérito do equipo carballiñés porque enfronte tivo a un bo equipo como resultou ser o Ribadumia, con xogadores moi experimentados na categoría e que moven moi ben a pelota.

O equipo do Salnés estivo mellor que os locais na primeira parte, non obstante foi o Arenteiro quen conseguíu chegar ao descanso con ventaxa no marcador grazas a un golazo de Pana.

No inicio da segunda metade empatou o partido o Ribadumia, e apenas unhos minutos despois Dani Chimpin volveu poñer en vantaxa aos Arenteiro ao transformar un penalti por mans na área dun defensor visitante.

Despois, o Arenteiro perdonou un par de ocasións moi claras para sentenciar o partido, en xogadas de Carlos de Dios e Igor Sevivas, e a piques estivo de pagálo o Arenteiro porque os visitantes tamén chegaron un par de veces con perigo á portería de Pachi. Xa cando o partido expiraba Igor Sevivas marcou o gol da tranquilidade definitiva en Espiñedo.

No seguinte enlace podes ver a ficha do partido:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...