Triunfo épico do Arenteiro ante o Porriño Industrial, 2-1.

11, Setembro 2016

Os verdes xogaron toda a segunda parte con 10 xogadores por expulsión de Maxi ao ver doble cartón amarelo, pero o Arenteiro soubo sufrir ante un dos mellores equipos da categoria, e no minuto 90 chegou o premio co gol que desnivela o marcador ao tranformar Dani Chimpin o penalti cometido sobre Adrián Padrón.

Tres puntos que saben a gloria tal como se desenvolveu o partido, que comezou ben para o Arenteiro que se adiantaba no minuto 15 cun gran gol, de auténtico crack, de Dani Chimpín.

Pero todo se complicou mediada a primeira parte coa lesión de Dafonte, a partir dese momento o Porriño fíxose dono e señor do centro do campo e no minuto 37 empataba o partido.

E aínda se complicou máis a situación para os verdes no inicio da segunda parte, cando resultaba expulsado Maxi por doble amarela. Enfronte, sabíase e malia o seu mal inicio de campionato, estaba un dos mellores equipos da categoria, tocaba sufrir.

E o equipo soubo facélo, con algo de fortuna -que todo hai que decílo- nalgunhos lances ante a portería de Pachi, e aínda tería unha clara ocasión de marcar tras un balón que Arce puxo en bandexa a Dani Chimpin, pero o seu tiro foise alto.

Co tempo xa cumplido chegou o penalti sobre Adrián Padrón. Asumíu a responsabilidade de tiralo Dani Chimpin, e marcou o gol da victoria, segundo tamén na súa conta particular.

CD Arenteiro: Pachi, Maxi, Padrón, Arbo, Saúl, Dafonte (Vilachá m. 33), Bardelás, dani Chimpin, Rubén Arce (Alberto m. 88), Dani Vázquez (Varandela m. 60), e Carlos de Dios (Esteban m. 78).

Na foto, o segundo gol do Arenteiro, de penalti, transformado polo bigoleador da tarde, Dani Chimpín.