Turismo de Galicia traballa co concello para conseguir a internacionalidade da Festa do Pulpo

12, Agosto 2018

Turismo de Galicia colaborou directamente co concello do Carballiño nesta 56 edición da Festa do Pulpo xestionando o desplazamento e presenza dun grupo de xornalistas chineses especializados en gastronomía, e coa finalidade de seguir avanzando na consecución da delaración de Festa Turjística de Interese Internacional.

A directora xeral de turismo da Xunta de Galicia salientou como "nesta festa ponse en valor a materia prima, pero tamén a tradición galega, a través do oficio dos polbeiros, mantendo a tradicion ancestral de preparar o polbo"

Nava Castro destacou que o apoio á Festa do Polbo do Carballiño enmárcase no traballo do Goberno autonómico por impulsar os recursos diferenciadores de Galicia, como así se fixa entre os obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020.

No acto institucional de benvida aos invitados o alcalde Fumega recordou, ademáis, que a edición deste ano 2018 estivo dedicada ao Centro do Carballiño en Buenos Aires, que no próximo mes de novembro celebrará o seu centenario.