A ubicación das atraccións festivas motiva a reordenación do tráfico no centro urbano do Carballiño

12, Setembro 2018

A celebración das Festas Patronais de San Cibrán, que terán lugar do 14 ao 19 de setembro, provoca que se produza unha reordenación do tráfico nagunhas rúas céntricas da vila.

Precisamente,dende as cero horas deste mércores dia 12 comezaron os traballos de montaxe as grandes atraccións de feira que este ano acuden ao setembro carballiñés.

As rúas afectadas pola instalacións destas atraccións son, na zona da Veracruz, a rúa dos Canteiros na confluencia con Antonio Palacios, e as rúas Cuevillas e Adolfo Otero, que non terán saída á Praza da Veracruz, e deberá facerse a entrada e saída por Eusebio Lorenzo.

Así mesmo, veranse afectadas as rúas Conde Vallellano, entre o cruce coa rúa Aldara e Curros Enríquez, e as rúas que circundan a Alameda. A rúa Aldara quedará cortada na Praza Maior dende as primeiras horas da tarde e ata a madrugada do 14 ao 18, ambos inclusive, polas orquestras e concertos.que haberá todos os días neste lugar.

E o sábado 15, tamén quedará cortada a rúa Calvo Sotelo, á altura do grupo escolar, dende primeiras horas da tarde ata a madrugada, pola celebración da verbena deste día.

Dende a comisión de festas e o concello pídense disculpas polas molestias que se poden ocasionar estes días a conductores e veciños, pero estes cambios son absolutamente indispensables para poder acoller a instalación das orquestras e atraccións das festas patronais.