Un Arenteiro irreconocible cae goleado en Pamplona e apraza a permanencia

Os verdes entraron moi mal no partido e Osasuna Promesas aproveitouno, de tal maneira que aos vinte minutos xa gañaba 2-0 a un Arenteiro descoñecido, mesmo escaso de intensidade, como na xogada do segundo gol, un córner que os locais cabecearon a placer sen oposición dentro da área.
O Arenteiro tan so se salva nos inicios da segunda parte, cando sairon mellor que os locais e pudo meterse no partido nun balón que Enol puxo a Pascu, pero o seu disparo foise moi alto. Foi un espellismo, os navarros sentenciaron nunha contra de manual e obrigan ao Arenteiro a seguir pelexando a permanencia, con catro puntos de marxe sobre o descenso a falta de dous partidos, Real Sociedad o Próximo sábado en Espiñedo (19:00 horas) e o derradeiro da tempada no Nou Estadi de Tarragona.
Cronica do partido en Noticias de Navarra:
https://www.noticiasdenavarra.com/tajonar/2025/05/11/osasuna-promesas-re...
VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=2DPHkJgv1c4