Un Arenteiro superior golea ao Caselas en Espiñedo, 5-0.

14, Maio 2017

Un triplete de Dani Chimpín e outros dous goles máis que marcaron Carlos de Dios e Vitti resolveron o partido ante o Caselas para un Arenteiro que sigue dependendo de sí mesmo para lograr o ascenso directo á terceira división, a falta de dous partidos para rematar a competición, o do próximo domingo no Grove e o derradeiro ante o Portonovo en Espiñedo.

Os verdes protagonizaron un gran partido e non deron opción de ningún tipo, aínda que o Arenteiro tivo que esperar a sobrepasar a primeira media hora de partido para abrir a lata, fixoo Carlos de Dios cun golazo dende practicamente o medio do campo, vendo adiantado ao porteiro visitante lanzou unha volea perfecta que chegou ao fondo da portería.

Antes, e depois do gol, o Arenteiro tivo un carrusel de ocasións para marcar, e o porteiro do Caselas Sebas foi o mellor do seu equipo, con dúas magníficas intervencións salvadoras para o seu equipo.

Na segunda parte, o Arenteiro decidíu resolver pola vía rápida, e primeiro Dani Chimpín e despois Vitti deixaron o partido visto para sentencia en apenas dez minutos. Depois, aínda chegarían outros dous goles, ambos da autoría de Dani Chimpín, que conseguíu asi facer o "hat trick" da tarde.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá (Pana,m.61), Padrón, Martín,Saúl (D. Vázquez, m. 68), D. Arbo, Bardelás (Cuquejo, m. 63), Dani Chimpin, Arce, Vitti e Carlos de Dios (Alberto, m. 73)