Un emigrante en Panamá doa ao concello de Boborás 10.000 máscaras cirúrxicas

5, Xaneiro 2021

A Alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, agradeu públicamente en COPE O Carballiño este acto solidario protagonizado por José Antonio González González, veciño natural de Salón emigrado a Panamá, onde reside.

"O concello de Boborás agradece públicamente a un veciño do noso municipio, residente en Panamá, a doazón de 7000 mascarillas quirúrxicas para a veciñanza, sobre todo a quen ten máis dificultades económicas, moitas grazas por este detalle", pon de manifesto a alcaldesa do municipio. Aínda que dende Panamá foron enviadas 10.000 unidades, o certo é que chegaron a Boborás 7.000, tras detectarse problemas en aduanas, polo non se descarta que aínda poidan chegar ao seu destino. Serán repartidas pola institución municipal entre as persoas veciñas que as precisen, para elo non teñen máis que achegarse ata  a casa do concello de Boborás.