Un gol en fora de xogo derrota en Sestao a un Arenteiro que fixo méritos para non regresar de baleiro do País Vasco.

4, Febreiro 2024

Un gol dos vascos no minuto 25 de partido que nunca debeu subir ao marcador porque foi precedido dunha xogada en fora de xogo derrotou no mítico campo de "Las Llanas" a un Arenteiro que a pesar de presetarse con numerosas baixas fixo méritos para traerse algo positivo, pero desta vez non pudo ser.

No Arenteiro debutou en liga o gardameta Pablo Brea, e cunha defensa de circustancias pola lesión a útlima hora cando na previa do partido estaba quentando Pol Bueso, e con Vicente Esquerdo de improvisado central. Cardero na primeira parte cun remate que se foi lamendo o poste da portería local e Chacón na segunda metade cun balón que rexeitou o traveseiro, a punto estiveron de cambiar a sorte neste partido. E mesmo no último suspiro do partido, Germán tivo a máis clara para alomenos traer o empate.

Resumen do partido na Televisión de Galicia: 

https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-non-suma-puntos-na-sua-visita-a-sestao...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/02/05/falta-punteria-...