Un gran Arenteiro pisa o acelerador en Atios

7, Maio 2017

Os verdes conseguiron na súa visita á localidade de Atios, en O Porriño, unha importante victoria por 1-3, de tal maneira que a falta de 3 xornadas para completar a competición na Preferente Galicia, o Arenteiro sigue dependendo de sí mesmo para poder dar o salto de categoria e xogar a vindeira tempada na terceira división.

Sabíase no cadro verde da dificultade e esixencia deste partido,e por eso a concentración foi máxima dende o pitido inicial,cun Arenteiro moi solvente atrás,serio no centro do campo e moi dinámico en ataque. Aínda que os dous primeiros goles dos carballiñeses chegaron a balón parado.

No minuto 25 córner que saca Dani Chimpin e Dani Arbo cabecea na área sen oposición,tan so un minuto despóis Chimpin pudo ampliar o marcador pero o seu disparo raso foise lamendo o poste, para chegar ao descanso sen que a defensa verde pasase apenas por apuros, salvo un cabezazo dun xogador local que atrapou moi ben israel.

Tras a reanudación, xogada practicamente calcada ao primeiro gol, de novo córner que lanza Dani Chimpín e esta vez é Adrián Padrón que, de explendido testarazo, fai o segundo gol da tarde para o Arenteiro.

O Atios non baixou os brazos e foise descaradamente ao ataque para recortar distancias no marcador, e foi entón cando o Arenteiro tivo varias ocasións para sentenciar á contra, nunha delas, Dani Chimpín finiquita o partido no minuto 79, co 0-3.

O único gol do Atios chega no minuto 87, cando un dianteiro local se aproveita dun mal bote do balón que acaba superando á defensa do Arenteiro. A nota negativa foi a expulsión, xa co tempo cumplido, de Dafonte ao ver o cartón vermello por unha entrada ao dianteiro local Victor Besada, o mellor xogador esta tarde do Atios.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (Pana, m.65), Arbo, Bardelás (Dafonte, m.56), Dani Chimpín (Alberto, m. 79), Arce, D. Vázquez (Vitti, m.58) e Carlos de Dios.